A Xunta, a través Turismo de Galicia, asinou este martes un convenio de colaboración coa Mancomunidade Terras de Pontevedra para seguir realizando de actividades de promoción e información turística nesta comarca, concibida como un único xeodestino.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o presidente da Mancomunidade, Miguel Anxo...
As novas agresións ao patrimonio arqueolóxico que se apreciaron no petróglifo de Chan do Carbón 3 en Campo Lameiro provocaron que o grupo de traballo de Anovaterra, da organización política Anova, pida a dimisión do director do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre (PAAR), José Manuel Rey. Este colectivo culpa á...
En xaneiro de 2015 un tractor que realizaba tarefas de roza no parque rupestre de Campo Lameiro pasou por enriba dun dos petróglifos e causou danos na rocha coas cadeas metálicas. Pouco máis dun ano despois, a escena volveuse repetir no municipio, pero neste caso afectando a un petroglifo situado no monte...
Os meandros do Lérez son de "especial interese", segundo o Concello de Cotobade. Por iso, o goberno municipal entende que se lles debe conceder a "debida importancia" para a súa protección, xestión e ordenación. Así, veñen de solicitar á Consellería de Medio Ambiente a súa inclusión no Catálogo das Paisaxes...
Os alumnos do Colexio da Reigosa participaron nun proxecto de Normalización Lingüística e nunha prantación de árbores autóctonas levado a cabo na área arqueolóxica de Tourón.
Os rapaces elaboraron unha unidade didáctica que será intercambiada con outro traballo similar que farán os escolares do colexio do concello veciño de Fornelos de...
O "perroturismo" pronto chegará a Campo Lameiro e máis concretamente ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre (PAAR). Este novo tipo de turismo consiste na creación de visitas completas con can.
Cada venres durante dúas horas, os cans e os seus donos poderán coñecer o PAAR nunha visita guiada a través dunha...
Os 120 xinetes que participan na Ruta Cabalar entre O Salnés e Tabeirós chegaban a Pontevedra, tras ser recibidos polas autoridades locais de Cambados e Ribadumia, para participar cunha exhibición nas actividades do hipódromo de Campañó durante o Xoves Santo. Previamente foron recibidos polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández...
Continúa a xeira de encontros entre o goberno municipal de Ponte Caldelas e os veciños das diferentes parroquias de cara á confección do orzamento para 2016. Os últimos en expresar as súas necesidades foron os de Tourón, cos que o alcalde e membros do seu gabinete entrevistáronse este mércores.
Os veciños...
A afluencia de visitantes ao Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor no mes de agosto foi moi alta, cun incremento do 35% con respecto ao mes de xullo, o cal foi valorado pola concelleira de Turismo, Cristina Acuña coma un dato "espectacular", tendo en conta que o centro leva...
Durante todo o mes de setembro desenvolveranse os traballos de escavación arqueolóxica, limpeza e documentación dos petróglifos do Chan dos Areeiros, situados na parroquia de Santa Cristina de Cobres.
A intervención, que permanece aberta ás visitas, complementarase cunha charla informativa orientada a difundir os valores do xacemento.
O petróglifo de Chan dos...
Ante o éxito que acadaron este verán as visitas nocturnas guiadas que se realizaron nas noites dos venres na área dos petróglifos de Mogor, o Concello de Marín decidiu ampliar estas actividades ata mediados de setembro.
Así, a empresa que coordina a programación do Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor,...
A pesar da chuvia, Ponte Caldelas converteuse por un día en capital galega da arte rupestre con diversas actividades que tiveron como eixo fundamental a área arqueolóxica de Tourón. Foi a proposta que trasladou á vila o ciclo cultural Monumenta.
Os actos, moi condicionados pola adversidade climatolóxica, iniciáronse cunha visita ao...
Avanzar nas liñas de traballo iniciadas nos últimos anos grazas ao convenio de colaboración asinado coa Axencia Galega de Turismo. É o obxectivo da mancomunidade Terras de Pontevedra que, este mércores, celebrou un pleno para aprobar as contas do ano pasado e concretar as novas accións que estarán amparadas por...
A terceira edición do ciclo Monumenta, unha actividade deseñada pola Consellería de Cultura para difundir o patrimonio restaurado en Galicia, botará a andar este xoves 27 de agosto na área arqueolóxica de Tourón (Ponte Caldelas).
Trátase da primeira cita dun ciclo que aposta por desenvolver unha programación cultural en espazos de...
Unha visita guiada á Área Arqueolóxica de Tourón e un concerto servirán de preámbulo, este venres día 21, ás Festas das Dores en Ponte Caldelas.
Os máis novos teñen a súa cita coa música da man de Eleka Familia, Proxecto Ícaro, The Seangles e outros artistas convidados polos organizadores, Festeiros 2.0,...
O ciclo Monumenta, difusión do patrimonio restaurado, da Consellería de Cultura, celebra en 2015 a súa terceira edición cun completo programa de actividades e concertos que inclúe un concerto de Leilía en Ponte Caldelas.
A programación foi presentada este luns polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen destacou como obxectivo...
A sede da Xunta de Galicia en Pontevedra acolleu este luns a firma dun convenio entre a Mancomunidade Terras de Pontevedra e a Dirección Xeral de Turismo, polo que se destinan 60.000 euros para a comercialización do produto "Arte rupestre".
Ademais o convenio integra a promoción do comercio de proximidade, e...
Catro anos despois de terse construído, por fin os veciños de Marín poden gozar co Centro de Interpretación dos petróglifos de Mogor, un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes de todo o noroeste peninsular.
Segundo informa o Concello de Marín, as instalacións abriron as súas portas esta semana cun éxito de visitas.
Os...
Baixo o título "El Arte de la Luz" o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, acolle desde este mércores unha mostra itinerante sobre a arte rupestre paleolítica ao aire libre da península ibérica.
A exposición, que permanecerá aberta ao público ata o 21 de xuño, ten como obxectivo fundamental...
A Policía Local de Ponte Caldelas denunciou o roubo de parte do peche perimetral da 'Pedra do Cervo', conxunto arqueolóxico situado no monte comunal de Pé da Múa, en Cuñas.
Trátase dun elemento de arte rupestre de gran valor e que foi recentemente obxecto dunha actuación de recuperación e conservación coordinada...
O pleno da Mancomunidade Terras de Pontevedra aprobou o Plan de Actuación para este ano 2015 durante a xuntanza deste martes 21, co que se pretende seguir o camiño que se iniciou a finais do ano pasado para a promoción e comercialización dos recursos rupestres da bisbarra. O máximo órgano...
Os grupos parlamentarios de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) e PPdeG amosaron unha vez máis a súa discrepancia de pareceres en relación co parque de arte rupestre de Campo Lameiro e a presunta destrución dun petroglifo no seu recinto. AGE pide unha sanción inmediata á empresa que o xestiona, Espiral...
Un total de 40 alumnos de alumnos do Instituto de Secundaria Macià Abela, de Crevillente (Alicante), visitaron este martes a área arqueolóxica de Tourón, en Ponte Caldelas, acompañados por tres profesores e a técnico municipal de turismo encargada de dirixir a visita guiada.
Os alumnos e profesores, que se encontran de...
Os visitantes que se acheguen á oficina de turismo de Pontevedra poderán facer uso dende este venres 13 do novo modelo de paneis informatizados que estarán ademais nas áreas rupestres onde se sitúan os principais depósitos de petróglifos da provincia.
Esta iniciativa promovida por 'Terras de Pontevedra' presentouse na Casa da Luz pola concelleira de Turismo Carlota Román.
Os...
O BNG traslada á Cámara parlamentaria galega a situación na que se encontra o Parque arqueolóxico rupestre de Campo Lameiro para solicitar o goberno da Xunta de Galicia que asuma a xestión directa déaste espazo.
Con esta proposta, a formación nacionalista busca que se evite a concesión a empresas privadas da...
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, compareceu este mércores na Comisión de Cultura do Parlamento Galego para dar conta da actuación da Xunta en relación aos danos causados nun petróglifo por un tractor con desbrozadora durante unhas tarefas de mantemento do parque arqueolóxico de Campo Lameiro.
Os grupos parlamentarios do...
A recente destrución dun petróglifo no parque arqueolóxico de arte rupestre de Campo Lameiro levou ao BNG e Alternativa Galega de Esquerda (AGE) a sementar todo tipo de dúbidas sobre a xestión privada das instalacións, das que é concesionaria a empresa Espiral Xestión Cultura dende 2012.
A deputada nacionalista Ana Pontón...
Se este mércores nos faciamos eco do dano sufrido por un petroglifo ao pasarlle por enriba un tractor no Parque de Arte Rupestre de Campolameiro, nesta ocasión o xornalista Juan Diego M. Alcaraz infórmanos da agresión infrinxida aos petróglifos da Área Arqueolóxica da Caeira.
Nesta ocasión os vestixios da Idade de...
Un tractor que realizaba tarefas de roza no parque rupestre de Campo Lameiro pasou por enriba dun dos petróglifos danando a rocha coas cadeas metálicas, provocando multitude de estalidos que levantou o granito e borraron parcialmente a espiral prehistórica.
Segundo informa o xornalista Víctor Honorato en páxinas do diario El Pais,...
Unha vez rematadas, salvo pequenos detalles, as obras de acondicionamento do Centro de Interpretación dos Petróglifos de Marín, a súa apertura está moi próxima, segundo aseguraron nunha visita ás instalacións o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo.
Vázquez confirmou que a Xunta recepcionará as obras...
Antes de final de ano estarán rematadas as obras que a Xunta de Galicia está realizando no centro de acollida de visitantes que está situado no xacemento arqueolóxico dos petróglifos de Mogor. ÿ o compromiso que lle trasladou o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, á...
Poucas zonas de Europa reúnen tal conxunto de depósitos e vestixios de arte prehistórica como Terras de Pontevedra. Todos os amantes do patrimonio histórico encontran nos montes dos municipios de Campo Lameiro, Barro, Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa un lugar máxico para perderse. Non é para menos....
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, inaugurou este venres 21 a exposición temporal do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro. Unha mostra que ofrece unha viaxe experimental e participativa pola paisaxe e a vida cotiá dos primeiros homes, creadores de petróglifos.
A exposición inclúe 12 paneis de gran...
O centro de arte rupestre de Campo Lameiro opta ao Premio Internacional AR&PA de Intervención no Patrimonio Cultural. Terá que enfrontarse a outros sete proxectos de diversos países.
Os rivais que tamén figuran como candidatos son a Cámara Santa da catedral de Oviedo o proxecto de recuperación do teatro romano de...
Terras de Pontevedra saca a concurso a contratación de paquetes turísticos ao redor dos parques rupestres da comarca é o obxectivo da convocatoria que vén de organizar a mancomunidade turística Terras de Pontevedra, que engloba aos concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cotobade e Campo Lameiro.
A mancomunidade quere...
Proporcionar unha maior información ao visitante sobre o patrimonio histórico de Salcedo. ÿ o principal obxectivo dos traballos de sinalización que o Concello de Pontevedra puxo en marcha no ámbito do río Tomeza. Trátase, recordou Luis Bará, da "milla de ouro" do patrimonio rural pontevedrés, debido á presenza na zona...
Unha andaina ao solpor, organizada pola Asociación Monte Pituco, buscará divulgar a arte rupestre de toda esta zona. Terá o lugar o vindeiro sábado 27 de setembro, a partir as 17.30 horas. A saída será na arboreda do Pituco, na estrada de Figueirido EP-0019 e a carón do cruce coa...
Preto de 80 persoas participaron este domingo 24 na andaina organizada pola Asociación Monte Pituco para coñecer a paisaxe e o patrimonio arqueolóxico deste espazo natural que supón o Monte Pituco (Pornedo) e reivindicar a súa conservación ante o proxecto que o Concello de Marín e a Xunta teñen previsto para construír un polígono industrial na zona.
A asociación...
Máis de 20 anos despois da última escavación, os arqueólogos volverán a próxima semana ao Castro das Croas da parroquia de Salcedo. Realizarán unha actuación preliminar que se centrará nos restos da muralla que apareceron nos traballos realizados nos anos 90 e dunha estrutura que, en principio, parece unha vivenda...
Operarios do Concello de Ponte Caldelas acaban de instalar sinais indicativos da situación do petróglifo coñecido como "Pedra do Cervo", no monte comunal de Pé da Múa, en Cuñas, para promover de forma adecuada a súa visita por parte daquelas persoas que queiran admirar unha das pezas máis emblemáticas da arte...
Promocionar a arte rupestre que se pode visitar desde Pontevedra como capital das Rías Baixas. ÿ o obxectivo dunha serie de produtos turísticos que porá en marcha a Mancomunidade Terras de Pontevedra. Así o decidiu este luns o seu órgano reitor, presidido polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores,...
Os visitantes do Centro Arqueolóxico da Caeira incrementouse nos últimos meses e, segundo os datos que facilita a concellería de Turismo de Poio, máis de 80 persoas visitaron as instalacións durante o mes de abril e as dúas primeiras semanas de maio.
De todos estes visitantes, un 65% chegaron formando parte dalgún grupo, mentres que...
O Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) celebrará do 2 a 4 de maio unhas xornadas para achegar a arqueoloxía a todos os públicos. A iniciativa está financiada pola Unión Europea e contará coa presenza de arqueólogos, artesáns, químicos, restauradores-conservadores, antropólogos e de estudantes destas disciplinas.
O obxectivo...
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria propón para esta Semana Santa un programa, 'Paisaxes Culturais', que inclúe abondosas actividades de balde para toda a familia no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, en Campo Lameiro, un dos conxuntos de petróglifos máis importantes de Europa.
Unha opción diferente para pasar estas...
O arqueólogo da Deputación de Pontevedra, Rafael Rodríguez Martínez, clausurou o ciclo de conferencias sobre a arte rupestre e a cultura castrexa organizado polo colectivo A Laxe da Irena, en colaboración co Concello de Ponte Caldelas, nos centros educativos do municipio.
Baixo o título "O Castro de Pena Redonda, un xacemento...
O Pleno da Mancomunidade Terras de Pontevedra estudou este xoves un adianto das liñas de actuación previstas para este ano 2014. O máximo órgano reitor da mancomunidade está presidido polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e conta con representación dos concellos participantes: Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cotobade...
Operarios do Concello de Ponte Caldelas procederon á limpeza e posta en valor do ámbito comprendido pola Área Arqueolóxica de Tourón ao tempo que reparaban diverso mobiliario urbano existente na zona. Tamén se procedeu restablecer a subministración de auga e a revisar as canalizacións existentes.
A Área Arqueolóxica de Tourón conta...
O Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños recibiu este fin de semana a visita do grupo de sendeirismo do Colexio de Avogados de Pontevedra, que realizou unha andaina polos montes de Salcedo, Lourizán e San Xulián guiados polo presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), Rafael Quintía, e por integrantes...
O alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, fixo entrega ao Museo de Pontevedra do petroglifo "Pedriña dos Cervos" de Fentáns o cal vai formar parte dunha exposición sobre arqueoloxía e arte rupestre no propio museo.
En nome desta institución o seu director, Carlos Valle, recolleu esta importante peza en calidade de depósito,...
Difundir o patrimonio cultural rupestre de Galicia. ÿ o obxectivo da exposición Arte rupestre en Terras de Pontevedra, unha mostra que se poderá visitar ata o próximo 19 de maio no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) de Campo Lameiro. Ten como elemento central as principais mostras arte rupestre do...
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre esta Semana Santa aos visitantes a parte menos coñecida do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro través dunha proposta de visitas guiadas especiais coas que se propón unha opción diferente para pasar estas datas en familia.
Para iso están programadas...
"Quien viene a Pontevedra no llega buscando sol y playa, quiere que le ofrezcamos otras cosas". Esa frase da concelleira de Turismo, Carlota Román, resume perfectamente o espírito co que a Mancomunidade Terras de Pontevedra, en colaboración con empresas do sector, puxo en marcha un total de catro paquetes turísticos,...