25N | Carballedo, escola de superheroes

Cerdedo-Cotobade
25 de novembro 2024

O alumnado do colexio de Carballedo protagonizou unha andaina ata o Consistorio de Cerdedo-Cotobade para amosar o seu compromiso contra a violencia de xénero na conmemoración do 25 N

Andaina dos superheroes
Andaina dos superheroes / Concello de Cerdedo-Cotobade

O alumnado do CEIP de Carballedo protagonizou os actos organizados polo Concello de Cerdedo-Cotobade para conmemorar o 25 N, Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Pasadas as once da mañá, aproveitando a tregua que concedeu a choiva, o alumnado realizou a andaina dos superheroes. Camiñou dende o CEIP de Carballedo ata o Consistorio.

Xa ao mediodía, fixeron entrega dos escudos dos superheroes para o mural que se pintou en contra da violencia sobre as mulleres.

Os actos do 25N incluíron o despregamento dunha pancarta.

A concelleira Maite Pichel deu lectura a un manifesto.

Por último, o alcalde, Jorge Cubela, dirixiuse ao alumnado que se reuniu no Centro Cultural Antonio Fraguas e agradeceulle o seu compromiso con esta causa.

Cubela incidiu na importancia do labor de prevención e denunciou todo tipo de violencia exercida contra as mulleres.