161.962 euros destinaranse desde o Concello á rede de abastecemento de auga prevista para o núcleo de Bexe, na parroquia de Seixo. A Xunta de Goberno Local de Marín aprobaba durante o mediodía deste mércores o proxecto definitivo praa instalar este servizo público. Ata o momento, a veciñanza abastecíase a través de traídas privadas.
Pablo Novas, concelleiro de Medio Rural, recoñecía que durante a época estival, en períodos de maior seca, a zona sufría problemas no subministración da auga. Esta instalación é unha demanda dos residentes na zona desde hai anos.
A obra será financiada polo remanente de Tesourería e beneficiará a 33 vivendas deste núcleo poboacional. O proxecto xa conta con todas as autorizacións sectoriais requiridas, de Patrimmonio, de Augas de Galicia e da Axencia Galega de Infraestruturas.