A desinfección de espazos públicos chega aos núcleos rurais de Marín

Marín
05 de maio 2020

O Concello contrata a unha empresa externa para reforzar o servizo de limpeza en todo o territorio

Traballos de desinfección en núcleos do rural
Traballos de desinfección en núcleos do rural / Concello de Marín

As brigadas de limpeza e desinfección do Concello de Marín mantéñense activas con actuacións nos espazos públicos co obxectivo de garantir a seguridade nas rúas e nos establecementos máis utilizados do municipio.

Co inicio da desescalada, estas limpezas intensifícanse en todo o termo municipal, como a que se desenvolveu hoxe no lugar de Pedreiras, levada a cabo por unha empresa contratada polo Concello para reforzar estes labores.

Nos próximos días os operarios desprazaranse polo resto de núcleos do municipio marinense.