A Illa estende a iluminación LED a tres novas zonas

O Salnés
12 de xaneiro 2023

O Concello da Illa avanza na transformación enerxética do municipio cunha nova actuación de cambio nas luminarias públicas

Nova luminaria de baixo consumo na Illa
Nova luminaria de baixo consumo na Illa

O Concello da Illa de Arousa avanza na transformación enerxética do municipio cunha nova actuación de cambio nas luminarias públicas.

Trátase da substitución das luces nas rúas Sucavirto, Suaviña e a Rúa dos Cons.

En total colocaranse 20 puntos de luz con tecnoloxía LED, de baixo consumo, que se estima permitirán aforrar ata un 70% o consumo de enerxía.

Este iniciativa, avanza o goberno local, se extendrá ao longo de leste mesmo ano a outras rúas da localidade.

Na actuación investíronse 4.000 euros.