A Ría de Pontevedra contará este verán con 29 praias distinguidas co galardón "Bandeira Azul" da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adaec). A ría na que desemboca o Lérez suma así un areal máis que o ano pasado, a praia de Xiorto (Poio).
A provincia, en conxunto, mantense co maior número de insignias de Galicia (60), e é a segunda de toda España. Ademais dun motivo de orgullo para todos os veciños e usuarios das praias recoñecidas, este recoñecemento supón unha proba engadida da calidade ambiental desta Ría, na que conviven actividades turísticas, de marisqueo e industriais.
Seis destas praias con bandeira azul sitúanse nas inmediacións da biofábrica de Ence
De feito, seis destas praias con bandeira azul sitúanse nas inmediacións da biofábrica de Ence: cinco delas revalidaron a súa distinción para este verán (Aguete, Mogor, Portocelo, O Santo-Coviña, en Marín, e Cabeceira, en Poio), ás que se suma a citada praia de Xiorto. Un recoñecemento que demostra que a actividade industrial pode ser plenamente compatible co coidado do medioambiente.
A insignia de bandeira azul acredita a excelente calidade das augas, ademais doutros aspectos, como a seguridade, a accesibilidade e a dotación de servizos destes areais, así como unha acertada xestión ambiental e a súa sustentabilidade.
A calidade ambiental de Ence Pontevedra garántese grazas ao rigoroso control ao que se someten todos os indicadores ambientais da biofábrica, a través de análises diarias reportadas ás autoridades ambientais de Galicia.
O esforzo en mellorar o comportamento ambiental de Ence Pontevedra permitiu á planta ser destacada con importantes recoñecementos, como o concedido por AENOR en 2023 polo últimos vinte anos de coidado do medioambiente desta biofábrica. Así mesmo, a axencia Sustainalitycs recoñeceu a Ence como a empresa máis sostible do seu sector a nivel mundial, do mesmo xeito que a empresa recibiu a medalla platino de Ecovadis, que a identifica á vangarda mundial en sustentabilidade.