A Subdelegación celebra o aniversario máis polémico da Constitución pedindo "convivencia" e "consenso"

Pontevedra
06 de decembro 2017

Ana Ortiz considera que a Constitución de 1978 "de momento goza de boa saúde" e que en calquera reforma que se queira facer no documento "debe haber un consenso similar al que hubo en el año 1978" 

Ana Ortiz no acto de conmemoración do 39 aniversario da Constitución Española
Ana Ortiz no acto de conmemoración do 39 aniversario da Constitución Española / Diego Torrado

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra sumouse este mércores á conmemoración do máis polémico dos aniversarios da Constitución Española nos seus 39 anos de historia. Como cada ano, celebrouse un acto de celebración nas instalacións da praza de España e, no medio de tanta controversia social asociada ao  procés de Cataluña cara á independencia, a subdelegada pontevedresa, Ana Ortiz, fixo un chamamento á "convivencia" e o "consenso" .

"Son  palabras, tanto convivencia como consenso, que deberían estar muy vigentes hoy en día. Nos deberíamos aplicar todos un poco", insistiu a subdelegada ao termo do acto de conmemoración, no que diversas autoridades civís e militares impuxeron catro encomendas da Orde do Mérito Civil, seis Cruces da Orde do Mérito Civil e nove Medallas ao Mérito de Protección Civil.

Ana Ortiz lembrou que hai 39 anos que entre todos os españois aprobaron a Constitución que deu a este país a súa "época que más desarrollo" e é necesario celebrar ese "espíritu de concordia" que fixo posible a Carta Magna e  "un periodo de prosperidad y de bienestar importante".

A máxima representante do goberno na provincia móstrase convencida de que a Constitución de 1978 "de momento goza de buena salud" aínda que non pechou a porta a que os representantes políticos digan  "si estiman conveniente darle  algún giro o modificar algo puntual".

Respecto diso, no discurso que pronunciou durante o acto conmemorativo incidiu en que  "si ahora se quiere hacer una reforma constitucional, debe haber un consenso similar al que hubo en el año 1978", ou, o que é o mesmo, que calquera axuste no documento "ha de contar con todos".

O acto de aniversario da Constitución estivo presidido por Ana Ortiz e contou coa asistencia do conselleiro de  Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña; os deputados nacionais Pilar Rojo,  Tonás  Fole e Guillermo Meijón; a senadora Marta Lucio, deputados autonómicos, autoridades xudiciais, policiais e militares. A subdelegada agradeceu a todos a súa presenza, pois "no es solo un gesto de cortesía", senón que "refleja el compromiso de todos con nuestra Constitución".

Ademais, considera que na defensa da Constitución os representantes públicos xogan un papel importante, pos "la confianza que los ciudadanos depositan en nosotros se acrecentará en la medida en que seamos capaces de demostrar no sólo capacidad de dar respuesta a los problemas y retos del buen gobierno, sino de actuar conforme a la alta exigencia que conlleva la representación".