A taxa de paro en Pontevedra é menor que en Vigo, Lugo e Ferrol

Pontevedra
28 de abril 2016

Os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do primeiro trimestre de 2016 reflicten que a taxa de paro en Pontevedra é do 17,6 por cento, unha cifra menor que en Lugo (19,0%), Vigo (19,9%) e Ferrol (27,6 %). Este dato supón unha baixada de medio punto en Pontevedra ao respecto da EPA anterior

Vista aérea da cidade de Pontevedra

Os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do primeiro trimestre de 2016 reflicten que a taxa de paro en Pontevedra é do 17,6 por cento, unha cifra menor que en Lugo (19,0%), Vigo (19,9%) e Ferrol (27,6 %).

Este dato supón unha baixada de medio punto en Pontevedra ao respecto da EPA anterior.

A cidade do Lérez pechou o pasado mes de marzo cunha taxa de ocupación do 49,3% e de actividade do 59,8%.

A EPA tamén reflicte que subiu o paro en Galicia en 5.200 persoas, un 2,31% máis con respecto ao período anterior, malia caer a poboación activa e a poboación ocupada.

Trátase dun incremento nove veces superior ao rexistrado no conxunto do Estado, onde a subida foi do 0,25%.

Deste xeito, o número total de galegos en situación de desemprego acada os 227.900. Isto supón que a taxa de paro medrou na nosa comunidade até nove veces máis que no conxunto do Estado, onde a subida foi do 0,25%.

Dende o sindicato CIG valoran que é "especialmente alarmante" que se produza este incremento cando, parello a isto, cae o número de persoas activas en 6.200, situándose a taxa de actividade no 53,1%, e cae tamén o número de persoas ocupadas en 11.400, acadando unha taxa de ocupación do 43,5%.