A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, considera que o proxecto de conexión da Autovía do Salnés coa estrada Cambados-A Lanzada (PO-550) é ambientalmente viable.
O viario, que ten a súa orixe na zona de Vilalonga, conta cun orzamento de 2,9 millóns de euros e beneficiará a máis de 48.000 veciños dos concellos pontevedreses de Cambados, Meaño, Sanxenxo e O Grove.
No documento contémplanse diferentes aspectos que deben protexerse á hora de levar a cabo esta actuación como: a protección da atmosfera, niveis sonoros, da calidade das augas e leitos fluviais; ademais da protección do solo; a xestión de residuos e verteduras; protección da fauna, vexetación e hábitats naturais; do patrimonio cultural; e conseguir a integración paisaxística e restauración.