Xa se coñecen os gañadores do sorteo celebrado este martes 25 dentro da campaña realizada polo Centro Comercial Urbano Zona Monumental 'Outono Monumental'.
Unha clienta habitual dos establecementos da Zona Monumental foi a encargada de sacar as papeletas e os gañadores dos vale compra, que terán que gastar a cantidade no establecemento onde realizasen a compra, foron:
VALES DE 50 euros:
1º - Jose Leiva - Para gastar en Farmacia Mosquera
2º- Angel Lopez - Para gastar na Navarra
3º -Mari Eirin - Para gastar en Bar Maristas
4º -Ana Garcia - Para gastar en Farmacia Mosquera
VALES DE 100 euros:
1º- Juan Jose Gonzalez - Para gastar en Polleria Lago
2º- Rosario Barreiro - Para gastar en Supermercado Mercaplaza
3º- Aquilino Sartal - Para gastar en Pollería Lago
4º -Jesus Filgueira - Para gastar en Ernesto Filgueira - La casa de los paraguas
VALE DE 200 euros:
1º - Felipe Vicente - Para gastar en Froitas Rosales
Esta campaña desenvolveuse entre o 28 de setembro e o 24 de outubro coa intención de premiar a fidelidade dos clientes. Centos de persoas participaron neste sorteo. Os gañadores deberán presentar os seus boletos na sede da asociación Zona Monumental, situada no número 1 da rúa Serra.