Aberta a recepción de propostas para a 25 edición de Noites Abertas

Pontevedra
29 de setembro 2023

As actividades se desenvolverán nos espazos habituais entre entre o 26 de xaneiro e o 23 de marzo, 14 xornadas "intensísimas" e nas que se lle pedirá a mocidade pontevedresa que faga un esforzo especial á hora de implicarse na celebración do 25 aniversario

Noites Abertas no colexio Froebel
Noites Abertas no colexio Froebel / Concello de Pontevedra

O concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez, informou este venres da apertura do prazo de recepción de propostas para a que será a vixésimo quinta edición de Noites Abertas e que contará como principal novidade cunha comisión de festas.

"Queremos darlle unha voltiña a Noites, coma sempre fixemos, tratando de mellorar no posible e facendo que cada ano sexa mellor", explicou o edil. Por iso, esta nova comisión contará con quince persoas moi implicadas coas actividades, usuarios, monitores, deseñadores, preparadores... En definitiva, "xente que coñece o programa desde hai moitísimo tempo".

Para esta nova edición, explicou o concelleiro que "xa levamos uns meses traballando" pero é a partir deste momento cando está dispoñible o formulario para a presentación de actividades a desenvolver no que é o máis que coñecido ciclo de actividades destinado á mocidade pontevedresa.

As actividades se desenvolverán nos espazos habituais entre entre o 26 de xaneiro e o 23 de marzo, 14 xornadas "intensísimas" e nas que se lle pedirá a mocidade pontevedresa que faga un esforzo especial á hora de implicarse na celebración do 25 aniversario.

O documento para a presentación de actividades está dispoñible na páxina oficial do Concello de Pontevedra.