O Concello de Cuntis acaba de abrir o prazo para que as familias poidan solicitar as axudas á natalidade, pensadas para apoiar economicamente os fogares do municipio polos gastos derivados do nacemento ou adopción de fillas e fillos.
As bases están publicadas no Boletín Oficial da Provincia desde o 22 de outubro.
Quen pode solicitar as axudas?
-
Pai ou nai empadroados en Cuntis, con mínimo de nove meses de antigüidade no padrón municipal antes de presentar a solicitude.
-
Para fillos/as nacidos ou adoptados/as entre o 1 de decembro de 2024 e o 30 de novembro de 2025.
-
A renda familiar, sumando a base impoñible xeral e a do aforro do IRPF 2024, non pode superar os 45.000 euros; se supera, a renda per cápita debe estar por debaixo dos 13.500 euros.
Importes das axudas
-
Axuda ordinaria: ata 300 euros por filla/o.
-
Axuda de 500 euros para familias numerosas, monoparentais, ou nas que a crianza teña unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou recoñecida situación de dependencia.
Se as solicitudes admitidas superan o orzamento dispoñible, o crédito será repartido proporcionalmente.
O prazo remata o 12 de decembro de 2025. Debe entregarse no departamento municipal de Servizos Sociais do Concello de Cuntis ou a través da sede electrónica municipal.
As persoas interesadas poden chamar ao 986 185 468 ou consultar a sede electrónica do Concello para máis información.