Abren as inscricións para a Marcha contra o cancro que será o 8 de outubro

Pontevedra
11 de abril 2023

A Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra organiza a V edición da súa Marcha Contra o Cancro para o domingo 8 de outubro

Marcha contra o cancro
Marcha contra o cancro /

A cidade de Pontevedra volverá marchar, o domingo 8 de outubro, coa V edición da Marcha contra o Cancro.

A iniciativa está organizada pola Asociación Española contra o Cancro en Pontevedra, co obxectivo de conseguir fondos para financiar proxectos de investigación, para alcanzar o obxectivo de chegar ao 70% de supervivencia en cancro en 2030.

A proba, como en edicións anteriores, partirá da Avenida de Montero Ríos e transcorrerá polo centro urbano da cidade e as Marismas de Alba, sendo un percorrido apto para todos os públicos, de ao redor de 7 quilómetros.

As inscricións para esta proba, non competitiva, xa están abertas. O prezo por inscrición é de 10 euros para adultos e 6 euros para nenos, de catro a doce anos, e inclúe unha camiseta de agasallo e avituallamiento. Os menores de tres anos poderán participar de maneira gratuíta (non inclúe camiseta).

Como novidade, este ano todas aquelas persoas que participen coas súas mascotas recibirán un bonito obsequio para o seu fiel acompañante. A inscrición poderase formalizar: no local da Asociación Española Contra o Cancro na rúa Eduardo Pondal, 64A, ou nesta ligazón