Activan a compostaxe comunitaria en Marín con dúas charlas de formación

Marín
21 de xullo 2020

Con dúas charlas de formación vaise a activar en Marín o sistema de compostaxe comunitaria auspiciado pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Revitaliza. Tras a adhesión do municipio creáronse dous centros, no Sequelo e na Cañota, que se abrirán moi pronto

Composteiros comunitarios en Marín Concello de Marín

Con dúas charlas de formación vaise a activar en Marín o sistema de compostaxe comunitaria auspiciado pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Revitaliza. Tras a adhesión do municipio creáronse dous centros, no Sequelo e na Cañota, que se abrirán moi pronto.

Os próximos días 29 e 30 de xullo impartirase esta formación, na que os veciños e veciñas poderán anotarse para utilizar o composteiro e coñecer o seu funcionamento.

Na carpa informativa que se instalará en ambas as dúas zonas, dous técnicos do Plan Revitaliza explicarán a todos aqueles interesados en que consiste a compostaxe comunitaria e repartirán mostras de compost. Ademais, ofrecerán unha charla formativa aos que xa se apuntaron.

As labores de mantemento destes centros de compostaxe estarán a cargo da fundación Juan XXIII, que serán diarias, realizando esta institución as labores de control da humidade, inspección sobre posibles deficiencias, limpeza dos centros, ademais de ser os encargados de botar estruturante para evitar malos cheiros.

Estas labores estarán reforzadas por técnicos da propia Deputación, que contan cunha plataforma na que se fai o seu seguimento.

A función da instalación é a de compostar unicamente pequenos residuos orgánicos de orixe doméstica e o Concello de Marín anima a toda a veciñanza a colaborar no proceso de forma correcta.