Actividades para divertirse co Nadal nos barrios

Pontevedra
27 de decembro 2021

As diferentes propostas de música, obradoiros e espectáculos festivos para esta xornada do martes 28 van desenvolverse en Loureiro Crespo, Parque Amalia Álvarez, os centros Sur e Leste e no Local Social do Burgo

A luz do Nadal, en Santo André de Xeve
A luz do Nadal, en Santo André de Xeve

Durante este martes 28 a rúa Loureiro Crespo, o parque Amalia Álvarez, o Centro Sur, o Centro Leste e o Local social do Burgo converteranse en espazos para as actividades da programación destas festas por diferentes puntos da cidade do mesmo xeito que en varias parroquias. 

O programa recolle os seguintes eventos nestes espazos:

• Loureiro Crespo. 12.00 horas e 17.00 horas Street Band Nadal
• Centro Histórico. 12.00 horas O Mundo do Circo
• Parque Amalia Álvarez. 16.30  Obradoiros de Nadal (baixo carpa), música e animación.
• Lérez. Local Social. 17.00 horas.  Burbullas do Nadal
• Centro Sur. 17.00 horas. A luz do Nadal
• Cons - Mourente: Local social. 17.00 horas. Maxia Cómida O Rei Midas
• O  Salgueiral -  Bora. Local Social. 17.00 horas. O Soño de Fifo.
• O Burgo. Local Social. 17.00 horas.  Vaia Frío!
• Centro Leste. Local social. 17.00 horas Un Nadal cheo de contos.

• Campañó. Local social. *Ás 19.00 horas.  Alucina a cargo do mago Javier Muro

O Mago Antón continúa tamén ofrecendo no Paseo de Montero Ríos sete pases diarios abertos no seu  Magomóbil a todos os públicos con entrada libre. É obrigatorio o uso de máscara.

Ademais, o Poboado Tempo de Nadal da Ferrería ofrece xa produtos de agasallo enfocados para o día de Reis. Ademais, as persoas que visiten este espazo poderán sacar imaxes para felicitar o Aninovo e deixar cartas ás súas maxestades Melchor, Gaspar e Baltarsar na caixa de correos que se atopa no poboado.