O lugar de Famelga, pertencente á parroquia de Aguasantas en Cerdedo-Cotobade tamén celebra a onomástica de San Bartolomeu nunha xornada festiva prevista para este venres 23 de agosto.
O grupo folclórico Os Abrentes abren o programa deseñado pola comisión de festas, con sesión de pasarrúas. Ás 13.00 horas oficiarase misa solemne en honra a San Bartolomeu á que seguirá procesión do santo.
O campo da festa acollerá a partir das 21.00 horas unha gran churrascada popular á que se convida a veciños e visitantes. Ás 23.00 horas comezará unha verbena amenizada polo grupo Dixital. Seguiralle ata a madrugada unha sesión de dj a cargo de Bola de Cristal Eventos.