Adif instalará puntos de recarga de vehículos eléctricos nas estacións de Pontevedra e Vilagarcía

Pontevedra
05 de marzo 2024

A empresa que se encargará deste servizo é Repsol Comercial de Produtos Petrolíferos

Estación de trens de Pontevedra
Estación de trens de Pontevedra / PontevedraViva

Adif instalará puntos de recarga de vehículos eléctricos nas estacións de Pontevedra e Vilagarcía. 

Adif, acrónimo de Administrador de Infraestruturas Ferroviarias, é unha entidade pública empresarial española dependente do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana que ten como obxectivo a construción de liñas de ferrocarril e a xestión da súa explotación.

Nesta ocasión anuncia a a instalación de máis de 1.000 puntos de recarga de vehículos eléctricos con enerxía xerada por fontes renovables nos aparcamentos de 80 estacións de viaxeiros en toda España.

A compañía adxudicou a subministración, a instalación, a operación e o mantemento destes puntos de recarga por un importe de 18,3 millóns de euros e un prazo de execución de 30 meses; destes, 24 meses, corresponden á fase de operación e mantemento. 

A empresa que se encargará deste servizo é Repsol Comercial de Produtos Petrolíferos.

Esta actuación conta con financiamento europeo a través do “Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia’, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.