O Centro de Día Al faRo Mayores conmemorou o seu primeiro aniversario, dende a súa apertura en novembro de 2023.
Fundado por Rocío Pidre e Alicia Méndez, o Centro converteuse nun referente en Pontevedra, ofrecendo atención integral e un espazo seguro a persoas maiores que queren seguir vivindo con independencia e activas.
"O noso obxectivo é que cada día sexa especial e diferente para os nosos usuarios, e que se sentan como en casa", comentan, á vez que inciden na importancia de contar cun equipo de profesionais que se forma constantemente para ofrecer o mellor a través de diversas actividades e servizos, así como fomentar un ambiente cálido e acolledor.
Todo iso nunhas instalacións modernas e accesibles situadas a pé de rúa en Alcalde Hevia, número 3, e rodeadas das zonas verdes de Campolongo.

Ao longo deste ano, Al faRo Mayores desenvolveu un variado programa de actividades que se adaptan os gustos e necesidades dos seus usuarios. "Non se trata de ter un programa pechado que poida resultar monótono, senón de que cada participante poida escoller que lle apetece facer en cada momento, segundo as súas inquietudes e gustos".
Dende obradoiros de poesía que estimulan a memoria, ata sesións de pintura, teatro ou cociña creativa.

Estes obradoiros combínanse con actividades puntuais, como foi o caso da zarzuela, unha proposta dun grupo de usuarios que resultou ser todo un éxito. "Divertímonos moito coa preparación da posta en escena, dende ensaiar as cancións ata a caracterización e o vestiario", engaden.
A música cobra grande importancia no Centro, tanto no día a día como recibindo a diferentes músicos ou os ensaios do "noso coro". Precisamente, na celebración do aniversario de Al faRo, finalizouse o evento cun concerto de "Quinteto en clave", que mesmo animou os usuarios e seus familiares a bailar.

Un dos empeños do Centro es que las personas sigan en conexión coa sociedade, por iso "promovemos todos os meses que veñan persoas relevantes que os manteñan en contacto coa actualidade e o entorno". Iago López, médico do Centro Médico Pontevedra, Fis, Manuel Rosales, representantes da Asociación Galega do Viño, Santi Picallo do Cisne, integrantes do club de fútbol de Pontevedra, Miro Magariños como profesional do teatro e moitos máis...
Todas estas charlas suscitaron un grande interese. Pero quizáis a do veterano atleta marinense Manuel Rosales é a que deixou máis pegada, motivando aos participantes co seu exemplo de vida activa e saudable preto xa dos 90 anos.

Al faRo Mayores tamén realizou numerosas saídas en pequenos grupos, como visitas ao Mercado de Abastos a unha exhibición de alumnos da Escola de Hostalería Carlos Oroza, ao Museo del Mar, ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva, a visitar ao párroco de Virxe do Camiño, aos comercios da zona para facer entrevistas e elaborar un xornal dixital, paseos pola ría e polo centro da cidade ou un xantar no Merendero de Mogor, entre outras.

Cada actividade convértese nunha oportunidade para socializar e gozar. Tamén hai días que os usuarios queren só charlar e, por exemplo, o momento da merenda, que sempre é variada e mesmo conta coas achegas dos asistentes ao obradoiro de cociña, favorece que, ao compartila, todos participen e se sentan acompañados. "Ao final trátase de que vivan experiencias que lles fagan sentir ben", explican Rocío e Alicia.
Unha das iniciativas máis seguidas foi a actividade "Relatos de Pontevedra", onde se realizan lecturas sobre personaxes da cidade e os propios usuarios comentan anécdotas e recordos. "Charlamos sobre curiosidades do pirata Benito Soto, o escritor Filgueira Valverde, o violinista Manuel Quiroga ou o médico Celestino Poza, entre outros". Ademais, ao longo destes meses, tiveron a oportunidade de recibir a visita dalgúns descendentes, que lles compartiron outra visión dos seus familiares.

Como colofón final, representarase no Centro unha obra de teatro na que cada participante se caracterizará e interpretará a un destes personaxes, con texto e narración escritos por eles mesmos.
Con estas actividades foméntase un aspecto distintivo do Centro: o traballo nos ámbitos cognitivo, emocional e físico. "Ademais, traballamos o método OTAGO para fortalecer o equilibrio, evitar caídas e darlles un pouco máis de seguridade á hora de camiñar".
Con horarios flexibles, que permiten inscricións a xornada completa, media xornada con ou sen comida, ou xornada ampliada, de luns a venres ou días soltos, o Centro adáptase ás necesidades de cada usuario. Dende as 8 da mañá ata as 10 da noite, cada persoa pode elixir como e cando gozar do seu tempo no Centro, adaptándose ás súas vidas e rutinas.
Para máis información sobre as actividades e servizos, pódese contactar a través do teléfono 986 904 491, o correo electrónico [email protected] ou completar o formulario habilitado na web: alfaromayores.com.