As obras na rúa Concepción Arenal comenzarán despois do Nadal

Marín
19 de novembro 2018

Na actualidade resulta imposible manter os dous sentidos de circulación e os aparcamentos a ambos lados. Os constantes arranxos nas redes municipais fan aconsellable a súa substitución

Ethel Vázquez cos veciños afectados polo proxecto da senda entre Vilaseca e Lapamán
Ethel Vázquez cos veciños afectados polo proxecto da senda entre Vilaseca e Lapamán / Mónica Patxot

O Concello de Marín anunciou que a seguinte fase das obras na rúa Concepción Arenal comenzarán despois do Nadal.

A primeira fase abrangue dende a rúa Real de Cantodarea ata intersección rúa José Trasande e a segunda fase dende a rúa José Trasande ata a rotonda das Anclas. O orzamento destas dúas fases é de 1,6 millóns de euros financiados nun 80% pola Xunta e o resto o Concello.

Na actualidade resulta imposible manter os dous sentidos de circulación e os aparcamentos a ambos lados. Os constantes arranxos nas redes municipais fan aconsellable a súa substitución.

Ademais de darlle unha maior amplitude das beirarrúas e crear unha liña completa de aparcamentos dotando aos carrís de circulación dun ancho suficiente nos dous sentidos, aproveitarase para mellorar as redes municipais de saneamento e abastecemento, así coma o alumeado e o mobiliario urbano.

Para facer esta obra presentáronse 16 empresas á licitación que xa foron evaluadas polos técnicos municipais e polos servizos de intervención, estando na actualidade pendentes de realizarse a adxudicación definitiva.