Pontevedra será sede por primeira vez, antes levábanse a cabo en Santiago de Compostela, da Xornadas da Muller organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ASPG) e CIG-Ensino en colaboración coa concellaría de Muller nesta a súa undécima edición.
As instalacións do Casino Mercantil, na Praza de Curros Enríquez, acollerán as charlas o próximo sábado 11 de maio dende as 9:45 horas, centradas nesta ocasión no uso sexista das novas tecnoloxías e a existencia de estereotipos nas esferas dixitais que van en detrimento da igualdade.
Entre as conferenciantes encóntranse Luz Castro Pena (profesora da Universidade da Coruña), Ana Méndez-Irigorri Sánchez (licenciada en Socioloxía e Psicoloxía), Teresa González Piñeiroa e Inés García Seijo (profesoras do IES da Mariña), Olga Rodríguez Días (profesora do CEIP Milladoiro de Malpica) e María Reimóndez (escritora, tradutora e intérprete).
Aínda que inicialmente está dirixida a profesionais do ensino, dende a organización fan fincapé no carácter aberto para calquera pai interesado, podendo inscribirse a través das webs www.as-pg.com e www.cig-ensino.com.
Ao termo da xornada as actrices Camila Bossa e Iolanda Muíños representarán a obra teatral Malos Hábitos.