Así reabriu o mercado de antigüidades da rúa Serra

Pontevedra
21 de xuño 2020

Estiveron habilitados un total de 39 postos de venda que tiveron que gardar entre si unha distancia lateral de 3,5 metros e frontal de 6 metros. O itinerario foi cun sentido único de circulación, delimitado mediante cinta de precinto, para así evitar as posibles aglomeracións de clientes

Reapertura do mercadillo de antigüidades na rúa Sierra
Reapertura do mercadillo de antigüidades na rúa Sierra / Concello de Pontevedra

O tradicional mercado de antigüidades regresou á rúa Sierra este domingo 21 de xullo en horario de 9.00 a 14.30 horas.

Estiveron habilitados un total de 39 postos de venda que tiveron que gardar entre si unha distancia lateral de 3,5 metros e frontal de 6 metros.

O itinerario foi cun sentido único de circulación, delimitado mediante cinta de precinto, para así evitar as posibles aglomeracións de clientes.

Tamén se instalaron dispensadores de hidrogel nas zonas de entrada e saída e colocáronse plásticos para cubrir os artigos á venda nos postos, obrigando, desta maneira, a que fose só o vendedor o que manipulase os obxectos que interesaban aos clientes.

Estes protocolos de seguridade tamén se aplicaron ás feiras da Xunqueira e de Estribela, segundo garantiu a edil de Promoción económica, Yoya Blanco.