Ata trinta postos do mercado de abastos ofrecen xa compras con entrega a domicilio

Pontevedra
26 de marzo 2020

Todos eles sumáronse á posibilidade de ofrecer aos seus clientes a posibilidade de facer a compra de produtos frescos sen saír de casa. Son quince postos de peixe e marisco, un de conxelados, seis carnicerías, dúas froiterías, unha queixería, unha de produtos galegos, dúas panaderías e dúas de bacallau

Mercado de Abastos
Mercado de Abastos / PontevedraViva

Ata trinta postos do mercado de abastos de Pontevedra sumáronse á posibilidade de ofrecer aos seus clientes a posibilidade de facer a compra de produtos frescos sen saír de casa. Son quince postos de peixe e marisco, un de conxelados, seis carnicerías, dúas froiterías, unha queixería, unha de produtos galegos, dúas panaderías e dúas de bacallau.

Os postos de peixe son: Peixería María José, Irene, Timoteo, Dopazo, Bua, E. Lameiro, Luisa, Antonia, Rocío; Peixes e Mariscos Mª Carmen, Lolita - Cambados, Carmen - Campelo, Cachadas, Margarita, e Bea - Portonovo. Frigoríficos Morata en conxelados. Bacallau Manu y Fariña. Panaderías: Mercapan e Panadería O Deza. Productos galegos A Landocha. As carnicerías Monse, María, J. Veiga, Macario Carniceros, Carmen carnicería e Boutique cárnica Celia Abal. A queixería - carnicería Begoña Laya e en froiterías: Loli e froitería Pablo e María.

A Concellería de Promoción Económica e Turismo que titula a socialista Yoya Blanco, editou uns carteis nos que se facilitan os números de contacto dos vendedores por seccións e aos que se pode chamar para realizar os pedidos. Desde este departamento lémbrase igualmente que se estableceron uns requisitos para garantir a seguridade de vendedores e usuarios da praza de abastos. Máximas que pasan por establecer un aforo máximo de 60 persoas, unha distancia mínima de dous metros entre cada persoa e o emprego obrigatorio de luvas nos negocios da praza.