A xornada deste sábado 6 de xaneiro tinguiuse de loito en Poio polo falecemento dun veciño do municipio que se ausentara do seu domicilio o venres.
Trátase dun home de avanzada idade, que foi atopado sen vida nunha gabia próxima ao lugar de Arís, pasadas as 10:00 horas.
Ante a preocupación pola súa ausencia, familiares e veciños iniciaron pola mañá unha procura que concluíu coa fatídica noticia, polo que alertaron á Garda Civil e á Policía Local de Poio.
Axentes de ambos os dous corpos acudíron ao lugar ata que o xuíz de garda decretou o levantamento do cadáver.
O home vivía preto do lugar no que foi atopado, ao que tería chegado tras desorientarse antes de caer na gabia na que acabaría falecendo.