Atrasan outro mes a decisión sobre a segunda dose de AstraZeneca

Pontevedra
01 de maio 2021

En Galicia, ao redor de 60.000 persoas, menores de 55 anos, están pendentes da administración da segunda dose de AstraZeneca. A Comisión de Saúde Pública esperará aos resultados dun estudo no que se combina o fármaco coa vacina de Pfizer

Orbil, a mascota do Salón do Libro, tamén foi vacinarse Concello de Pontevedra

En Galicia, alredor de 60.000 persoas, menores de 55 anos, están pendentes da administración da segunda dose de AstraZeneca.

A Comisión de Saúde Pública decidiu este venres atrasar outro mes a toma dunha decisión, á espera dos resultados dun estudo posto en marcha polo Instituto de Saúde Carlos III para coñecer a eficacia e seguridade de combinar esta inxección cunha segunda de Pfizer, segundo anunciou o Ministerio de Sanidade nun comunicado.

Non está claro se esa inxección finalmente será de Pfizer, como fan en Alemaña e Francia, ou de AstraZeneca, como están a facer no Reino Unido ou Italia. 

A comisión lembra que a primeira dose xa outorga unha efectividade de en torno ao 80%. Unha terceira sería confiar en que esa primeira inoculación de AstraZeneca xerase suficientes anticorpos e non picar unha segunda dose.

O Ministerio de Sanidade afirma que "España, do mesmo xeito que Irlanda, e seguindo o principio de precaución, opta así por esperar a ter máis información dos estudos en marcha e da experiencia doutros países". 

"As persoas menores de 60 anos teñen un menor risco de enfermidade grave e a prioridade neste momento é vacinar aos maiores de 60 anos canto antes para evitar hospitalizacións e falecementos nunha situación epidemiolóxica de incidencias acumuladas en ascenso", engade o comunicado.

A decisión adóptase diante da aparición de casos tromboses con trombocitopenia, uns efectos secundarios graves e moi infrecuentes que se produciron tras a vacinación co fármaco do laboratorio anglo-sueco.

A Axencia Europea do Medicamento recomendou que a segunda dose para quen recibiu unha primeira de AstraZeneca fose co mesmo medicamento.

A Comisión de Saúde Pública, organismo no que están representadas todas as comunidades autónomas, adoptou a decisión por maioría, non por unanimidade. Galicia volveu defender nesta Comisión de Saúde Pública a pauta completa coa vacina de AstraZeneca ás 12 semanas. 

A Xunta basease "na evidencia científica", na ficha técnica da vacina e no posicionamento da Axencia Europea do Medicamento, pero a Comisión adoptou por maioría outro criterio.

A Consellería de Sanidade decidiu vacinar a vindeira semana ao grupo de 65-69 coas vacinas dispoñibles.

Sinalar que a Xunta de Galicia tiña previsto vacinar tamén a semana que ven aos grupos esenciais, pero o Ministerio de Sanidad opta na estratexia por terminar primeiro cos grupos etarios.

Este sábado a Xunta de Galicia ten previsto poñer un total de 36.888 vacinas, das que 31.188 son de Pfizer, 5.600 de Moderna e 100 de Janssen.