Avilés inspírase no centro de acollida de animais da Deputación de Pontevedra

O Salnés
12 de maio 2021

Representantes do Concello de Avilés visitaron este mércores as instalacións do Centro de Acollida e Recepción de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra para coñecer o seu funcionamento e recoller ideas para deseñar e executar o futuro centro comarcal de Avilés, que dará servizo a un total de 14 concellos asturianos

Representantes do Concello de Avilés visitaron o CAAN
Representantes do Concello de Avilés visitaron o CAAN / Deputación de Pontevedra

Representantes do Concello de Avilés visitaron este mércores as instalacións do Centro de Acollida e Recepción de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra para coñecer o seu funcionamento e recoller ideas para deseñar e executar o futuro centro comarcal de Avilés, que dará servizo a un total de 14 concellos asturianos. 

O deputado de Centros da Deputación, Manuel González, acompañado de técnicos provinciais, recibiu ao concelleiro de Mantemento e Participación Cidadá de Avilés, Jorge Luis Suárez. Na visita estivo tamén a arquitecta de Tragsa, Mónica Sanz, que colabora con Avilés neste proxecto.

O CAAN xa recibiu nos últimos meses outra visita do concello coruñés de Carballo coa mesma finalidade e a Deputación de A Coruña tamén pediu información sobre as súas características.