O Banco de Alimentos superou os 325.000 quilos de comida durante a súa Gran Recollida

Pontevedra
17 de decembro 2024

En Pontevedra capital foron 24.000 quilos de alimentos e no Salnés máis de 22.000. "Teremos os andeis con alimentos de primeira necesidade, polo menos, até a primavera de 2025", destacan

Voluntarios del Banco de Alimentos Fundación Banco de Alimentos

A Fundación Provincial Banco de Alimentos superou o obxectivo marcado este ano para a súa Gran Recollida recadando máis de 325.000 quilos de comida durante a campaña desenvolvida o 22 e 23 de novembro.

En Pontevedra e as súas comarcas foron 70.000 quilos de comida doados durante esta convocatoria, o que supón 17.000 quilos máis que na anterior campaña.

En Pontevedra capital foron 24.000 quilos de alimentos e na comarca do Salnés máis de 22.000.

O Banco de Alimentos garantirá, así, o abastecemento das 153 ONG e entidades sociais ás que atende todos os meses, ou o que é o mesmo, seguirá arroupando a unhas 20.000 persoas vulnerables na provincia.

O presidente desta Fundación Banco de Alimentos, José Ramón Santamaría, destacou que grazas a estas doazóns "teremos os andeis con alimentos de primeira necesidade, polo menos, até a primavera de 2025".

O Banco de Alimentos expresou o seu "agradecemento á resposta dunha sociedade que, unha vez máis, respondeu á nosa chamada nunha situación máis que complicada", tendo en conta que xa se envorcou solidariamente coas zonas afectadas pola DINA.

Na Gran Recollida participaron unhas 2.000 persoas voluntarias mobilizadas en máis de 130 supermercados dunha trintena de localidades da provincia.