Barro pide explicacións polos continuos cortes de subministro eléctrico

Barro
03 de marzo 2016

Esta situación causa moito malestar ente o vecindario polos perxuizos e molestias que ocasiona

Obras de soterramento da Alta Tensión en Barro
Obras de soterramento da Alta Tensión en Barro / Marcos Pérez Cachafeiro

Dende hai meses os veciños do Concello de Barro sufren continuos cortes de suministro eléctrico.

A maioría destes cortes son de moi pouca duración e algúns máis longos, suponse que todos eles débense a diversas averías.

Esta situación causa moito malestar ente o vecindario polos prexuízos e molestias que ocasiona.

Xa no mes de novembro dende a Alcaldía de Barro se puxeron en contacto coa dirección de Unión Fenosa, sin que estos problemas se resolverán, e por iso que se volve a reiterar a queixa dende o Concello, recollendo así tamén o malestar vecinal.

O alcalde, Xosé Manuel Abraldes, entrevistarase próximamente co responsable de distribución da empresa suministradora para solicitar unha explicación e información para saber as actuacións a levar para resolvela.