Batería de melloras en camiños e mobiliario do rural marinense

Marín
18 de maio 2022

O Concello destina 14.400 euros a mellorar a imaxe de diversas localidades de fronte ao comezo da tempada estival  

O Concello de Marín executa melloras en diversos puntos do rural
O Concello de Marín executa melloras en diversos puntos do rural /

O Concello de Marín vén de levar a cabo nas últimas semanas unha batería de actuacións de mellora e mantemento en distintos puntos do rural, cunha inversión cercana aos 14.400 euros.

Por unha banda, no que respecta a mobiliario urbano, repúxose unha marquesiña no Igrexario de Ardán, por un importe de 2.150 euros.

Asemade, reparáronse e pavimentáronse algúns tramos de pequenos camiños que dan acceso a varias vivendas en Viñas Blancas, Hortiña e Moreira.

Con estas actuacións, desde o Concello séguese a traballar na mellora do espazo rural de Marín, que conta con moita poboación de xeito continuado ao longo do ano, pero que ademais gaña habitantes na época do verán.