A Concellería de Medio Ambiente e a Policía Local investigan un novo caso de abandono animal detectado no municipio de Poio.
Nesta ocasión, trátase dunha gata que foi deixada no interior dunha bolsa precintada, nas inmediacións duns contedores do lixo no lugar de Boavista, na parroquia de San Xoán.
Tanto a Administración local como o corpo de seguridade lembran que o abandono animal está tipificado no Código Penal como delito penado con importantes sancións.
Ademáis fan un chamamento á cidadanía para que, en caso de que sexan testemuñas dun caso similar, se poñan en contacto coas autoridades.
O departamento de Medio Ambiente tamén traballa en colaboración co colectivo Bigotes Felinos de Poio para mellorar a situación das colonias de gatos na vila.
Deste xeito, a área coordinada polo nacionalista Xosé Luís Martínez contempla a contratación dunha empresa para facilitar a captura, esterilización e solta destes animais que se atopan abandonados nas rúas.
A normativa establecida pola Xunta de Galicia contempla a recollida dos animais para a súa esterilización, para, a continuación, ser devolto ao lugar do orixe, a menos que se produza unha adopción.