Era a máis esperada e non defraudou. As mulleres que opinan son perigosas pechou a súa brillante cuarta edición coa participación da xornalista Almudena Ariza, que pola súa traxectoria e pola súa popularidade, xerara unha gran expectación.
Non foi para menos. A correspondente de TVE en París, tras un longo periplo por Asia ou Nova York, interveu por videoconferencia e narrou como se converteu nunha das grandes referencias do xornalismo internacional. "Soy una reportera feliz", asegurou.
Leva media vida "recorriendo el mundo y contando historias". Pero primeiro escoitounas. Da súa avoa e das súas tías que eran "grandes contadores de historias" e que, sen dúbida, marcaron o seu carácter porque eran "mujeres fuertes y luchadoras que lo tuvieron muy difícil".
"Yo me comparo con ellas y lo mío ha sido un camino de rosas", sinalou Ariza, que recoñeceu que "no siento que nada me haya impedido hacer lo que quise hacer por ser mujer", desde que con apenas 17 anos debutou na radio.
Pero, como a maioría, si atopou pedras no camiño. Algunhas máis grandes que outras. Gañou menos que un home polo mesmo traballo "y cuando fui a quejarme me dijeron que si no me interesaba, que me fuera". Ocultou o seu primeiro embarazo por medo ao despedimento.
Sufriu situacións incómodas "que rozaron el acoso" ou aos homes que "creen que siempre saben más que tú". E si, a presión social polo seu traballo. "Cada vez que volvía de cubrir una guerra me preguntaban qué hacía con mis hijos. A mis compañeros, jamás", recoñeceu. Foi algo que fixo efecto nela "y a cada viaje que hacía me iba pensando que era mala madre".
É consciente de que "queda mucho por hacer" e móstrase "bastante partidaria" das cotas que, por exemplo en Estados Unidos, permitiron que os afroamericanos chegasen a ser médicos, avogados ou profesores. "Se trata de acelerar el proceso", dixo. Ariza sinalou que, segundo a ONU, "si no se hace nada la igualdad plena no llegará hasta dentro de 135 años".
"Lo que tenemos es que creer en nosotras mismas", recomendou a xornalista de TVE, "y hacer lo que nos haga feliz porque solo así haremos felices a los que nos rodean".
A xornalista de TVE pechou unha tarde que abría Ebbaba Hameida, xornalista e vogal de Reporteiros Sen Fronteiras España, que abordou a situación da muller en países musulmáns.
Así, repasou como o 99% das mulleres en Exipto sufriron acoso ou violencia sexual, como en Alxeria aínda non poden casar con quen queiran, como en Marrocos séguese castigando o aborto ou o adulterio ou como en Irán en veo segue sendo unha imposición.
"Son realidades que necesitan de periodismo para tener visibilidad", dixo. Grazas á revolución dixital "sus voces están un poco más presentes" porque as mulleres poden expresarse desde o anonimato, esixir cambios e "romper as barreiras" que aínda existen.
Hameida, que naceu nun campo de refuxiados, relatou tamén os riscos que as mulleres xornalistas sofren nos seus países por "enfrentarse al sistema" e como as mensaxes dos medios "están dirigidos al rol que la mujer debe tener en la familia y en su casa".
Xunto coa cómica Henar Álvarez que, con algún que outro problema técnico, interveu no foro para falar de opinión e humor, a sesión vespertina incluíu un debate entre Lara Graña e Mercedes Mora, xefas da sección de Economía en Faro de Vigo e La Voz de Galicia.
Ambas traballan nun ámbito, o económico, onde a maior parte da xente "de la que teníamos y tenemos que escribir" son homes, segundo Lara Graña, que destaca que "lo único que ha cambiado es que ha desaparecido esa estirpe de empresarios que tenían muy malos modos hacia la prensa, singularmente las mujeres".
A pesar de todo, recoñeceu,"ellos siguen siendo los sujetos de la información, los que opinan preferentemente y a los que entrevistamos", polo que "tenemos mucho que hacer". A economía, engadiu Mercedes Mora, "sempre fue hostil para las mujeres".
Ela, que leva trinta anos no xornalismo económico, enfrontouse "al paternalismo y a la condescendencia" por ser muller "porque a mis compañeros hombres no les pasaba". Ademais, relatou as presións que sufriu por facer o seu traballo de xeito incisivo.
Esta segunda xornada de As mulleres que opinan son perigosas arrancou coa intervención de Pilar Álvarez, correspondente de xénero no País, que detallou como o ano 2018 supuxo un "antes y un después en el movimiento feminista", tamén no seu xornal que creou esta figura.
Ela coordina ese "periodismo con perspectiva de xénero" e, ademais de encargarse de temas "que tienen que ver con las mujeres", resolve dúbidas sobre os debates que xorden na redacción. Iso si, gran parte do seu tempo dedícao aínda a escribir sobre violencia machista.
Os medios, sinalou, deben ofrecer unha imaxe real da sociedade "e incluir a la mitad de la población", sacándoas ademais do "victimario". Non se trata "de hacer historias de mujeres sino de incluir más mujeres en las historias", dixo, visibilizándoas como líderes ou expertas.
Pampa García, xornalista especializada en ciencia e redactora xefa da axencia SINC, ofreceu pola súa banda unha conferencia sobre información científica, que comezou cuestionando a existencia dun "techo de papel" que oculta ás mulleres nas noticias.
A maior parte dos expertos e dos portavoces consultados seguen sendo homes, segundo García, "y estamos acostumbrados de que de las cosas importantes hablan los señores y cuando a las mujeres les ponen un micro en la boca es para hablar de cosas que pasan".
A información sobre ciencia "no se libra de este desequilibrio", lamentou esta xornalista, que tamén destacou que as mulleres científicas están peor pagadas que os seus compañeiros, obteñen menos proxectos e teñen menos recoñecemento polos seus logros.
Tres mulleres que dirixen novos medios galegos, María Obelleiro (Nós Diario), María Yáñez (Vinte) e Silvia Carregal (As Nosas), pecharon a sesión matinal deste foro debatendo sobre novas narrativas dixitais desde unha perspectiva feminista.
"É moi importante que os medios de comunicación estean dirixidos por mulleres", sinalou Obelleiro, para estar "en pé de igualdade" nun sector onde existía un "chan pegañento" que lles impedía crecer profesionalmente e chegar a postos de responsabilidade.
A perspectiva de xénero no xornalismo, engadiu a directora de Nós, debe ser transversal porque "o xornalismo ou é feminista ou non é", aínda que no día a día "non sempre é doado" porque "vivimos nun mundo fondamente patriarcal e estamos educados non machismo".