Cen mil euros do Plan Concellos para Barro

Barro
05 de abril 2018

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou unha nova achega do Plan Concellos 2018 para Barro por un valor de 98.269,61 euros

Uxío Benítez, Carmela Silva e Xosé Manuel Fernández Abraldes
Uxío Benítez, Carmela Silva e Xosé Manuel Fernández Abraldes / Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou unha nova achega do Plan Concellos 2018 para Barro por un valor de 98.269,61 euros.

Con este investimento poderá financiar a pavimentación e dotación de servizos na EP 0505 e N-550 entre Igrexa e Perdecanai.

Tal e como informou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva "esta é a primeira achega que recibe Barro ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2018 e súmase aos 96.713,18 euros que xa recibiu da liña 3 de emprego para contratar a 13 traballadores ".

Así, Barro xa recibiu o 26,6% do Plan Concellos 2018, isto é, 194.982,79 euros dos 732.926,86 euros que a Deputación de Pontevedra pon a súa disposición.