Comeza a desmontaxe do taboleiro da ponte de Ponte Arnelas

O Salnés
09 de setembro 2023

A Xunta de Galicia informa da nova fase consistente no corte das capas de formigón e de aglomerado para a retirada do taboleiro por "tabletas". Agárdase que estes traballos teñan unha duración de tres ou catro semanas

Obras de retirada do taboleiro na ponte de Ponte Arnelas
Obras de retirada do taboleiro na ponte de Ponte Arnelas / Xunta de Galicia

No proceso de retirada da actual estrutura metálica da ponte de Ponte Arnelas iníciase agora a desmontaxe do taboleiro da infraestrutura.

Segundo informa a Xunta, realizarase o corte das capas de formigón e de aglomerado para retirar o taboleiro. Esta operación afróntase con cortes perpendiculares coma se fose un damero para extraer as pezas por "tabletas" cun guindastre, despois de que se executaran cortes lonxitudinais.

Durante estes días se practican cortes transversais ao mesmo tempo que se retiran as "tabletas". Esta acción terá unha duración de tres ou catro semanas.

O traballo desenvólvese despois de adoptar medidas que eviten a contaminación do río coa instalación de barreiras antiturbidez e de lonas.

Posteriormente executarase un pequeno recheo no río para a instalación de guindastres que permitan desmontar a estrutura metálica e retirala definitivamente. Unha vez que finalice esa fase vai acometerse a nova estrutura metálica unha vez estea definido o deseño.

A información destes operativos foi trasladada pola Xunta de Galicia aos municipios de Vilanova de Arousa e de Ribadumia.

. A administración autonómica inviste máis de 5,3 millóns de euros nesta obra, que se iniciou despois de que no mes de abril se detectaran danos que provocaron que a calzada cedera parcialmente. A nova ponte perderá o arco e o tirantes da anterior pero, segundo a Xunta, integrarase mellor na paisaxe.