Comeza Ponmo co desfile de comerciantes en Rosalía de Castro

Pontevedra
25 de setembro 2014

O evento inaugurado pola concellería de Promoción Económica, Carlota Román, contou coa participación dalgúns dos establecementos da zona como Best Two, zapatería Daniela, Quomo, Mepiachi, Cristal e ÿpticas Revenga

Desfile na rúa Rosalía de Castro (Ponmo)
Desfile na rúa Rosalía de Castro (Ponmo) / Mónica Patxot

A moda xa se observa nas rúas da cidade coa chegada dunha cita coas últimas tendencias, Pontevedra Moda (Ponmo), un evento que se iniciou co desfile do comercio local no tramo peonil da rúa Rosalía de Castro, nas proximidades á praza de San José.

Baixo a coordinación da asociación do empresariado pontevedrés, Aempe, o desfile contou coa participación dalgúns establecemento da zona como Best Two, zapataría Daniela, Quomo, Mepiachi, Cristal e ÿpticas Revenga, que presentaron as súas propostas para a tempada outono-inverno. O desfile, seguido por numeroso público, foi inaugurado pola concelleira de Promoción Económica, Carlota Román.

Este venres 26, a partir das 21.00 horas celébrase o Certame Mara Martín Ponmonovo no Liceo Casino na rúa Manuel Quiroga. Presentaranse as creacións de dez novos deseñadores. As coleccións foron seleccionadas entre as máis de 80 propostas enviadas dende todos os puntos de España. Nesta edición competirán Pedro Covelo, Alejandra Lorenzo, Laura Bassadre, María González Cid, Gloria Ledo, ÿrase que se era, Sara Vigo, Tania López,Miguel Olarte e Carlos Pinilla. O premio á mellor colección está dotado con 900 euros e o mellor estilismo recibirá 200 euros.

RECOLLIDA DE PASES

Dende a Concellaría de Promoción Económica ponse a disposición dos interesados os pases para acceder á zona con asentos da pasarela Mara Martín Ponmonovo e á pasarela central Ponmo, que se celebrará o sábado 27 a partir das 21.00 horas, na praza da Peregrina. Ofrécense 350 pases (100 para Ponmonovo e 250 para Ponmo), totalmente gratuítos, destinados ao público que estea interesado en reservar unha cadeira próxima ao desfile.

Os pases poden retirarse na Casa da Luz durante a xornada deste venres 26 en horario de 9.30 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.00 horas. Entregarase un máximo de dous pases por persoa.

Tamén este venres se inaugura a Fly Store no antigo edificio Olmedo, na praza de Curros Enríquez. Trátase dun "showroom" de creadores emerxentes. O programa complétase con actividades, obradoiros e conferencias. A entrada é gratuíta en horario de 11.00 a 20.00 horas.