Concentración en defensa do Laboratorio de Saúde pública

Pontevedra
04 de abril 2013

Este laboratorio encárgase de facer todas as analíticas relacionadas coa saúde alimentaria, é decir, fan análisis de alimentos e líquidos para comprobar que son aptos para o consumo humán. Por poñer un exemplo, fan diariamente recollida de augas de consumo, analítica de moluscos, peixes, productos cárnicos, etc. No período estival lévanse a cabo 50 mostras diarias de praias. Todo este tipo de análiticas terán que facerse en Lugo, "a onde pretenden remitir as mostras a través dun servizo de envío privado"

Este xoves celebrouse outra concentración diante do edifico administrativo da Xunta de Galicia en Campolongo. Os empregados públicos, nun número de algo mais de 200 persoas, fixeron tamén un percorrido pola rua Fernández Ladreda.

Un dos voceiros, Fernando García, explicou que desde hai aproximadamente dous meses tiveron coñecemento da intención da Xunta de  desmantelar o laboratorio de saúde pública que hai catro anos se montou no edificio administrativo de Pontevedra cun custo de 4,5 millóns de euros.

O 14 de febreiro, as 4 centrais sindicais con representación do persoal, solicitaron unha xuntanza coa Secretario Xeral Técnico da Consellería de Sanidade para falar deste tema, "e a día de hoxe aínda non se nos convocou".

"Tamén na Comisión de persoal que se celebrou o día 15 de febreiro preguntamos sobre o futuro do laboratorio e o persoal que nel traballa e non se nos respostou porque, a pesares de que cada consellería ten un representante neste órgano colexiado de negociación, a representación da consellería de Sanidade non asistiu".

Este laboratorio encárgase de facer todas as analíticas relacionadas coa saúde alimentaria, é decir, fan análisis de alimentos e líquidos para comprobar que son aptos para o consumo humán. Por poñer un exemplo, fan diariamente recollida de augas de consumo, analítica de moluscos, peixes, productos cárnicos, etc. No período estival lévanse a cabo 50 mostras diarias de praias.

Todo este tipo de análiticas terán que facerse en Lugo, "a onde pretenden remitir as mostras a través dun servizo de envío privado". "En definitiva este é un paso máis na política privatizadora dos servizos públicos que está levando adiante o goberno da Xunta", concluiu este voceiro.