Conclúe a humanización do Camiño da Fontiña e do acceso adxacente en Bordóns

Sanxenxo
09 de xullo 2023

O alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Servizos e Mantemento, Yago Torres, supervisaron a actuación

Camiño da Fontiña Concello de Sanxenxo

Bordóns xa pode gozar da humanización do Camiño da Fontiña, un dos accesos ao núcleo rural do Outeiro que se atopaba en avanzado estado de deterioración, e dun pequeno ramal existente na marxe esquerda do camiño. 

O alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Servizos e Mantemento, Yago Torres, supervisaron os traballos cunha visita á zona.

A actuación contemplou a pavimentación dunha superficie de 565 metros cadrados e a mellora da rede de pluviais, conectando a esta rede as bajantes existentes das vivendas. Ademais, colocáronse canlóns con reixas de fundición para eliminar a auga superficial do camiño, así como as canalizacións necesarias das redes eléctrica e de telecomunicacións.

Tamén se instalaron sete novas farois tipo led de última xeración. 

Tras os traballos quedou un camiño cunha zona central de paso empedrado de 2,20 metros de ancho. Como o vial ten anchos dispares, completouse o pavimento con franxas laterais de formigón co árido visto. O estreito ramal da marxe esquerda pavimentouse con formigón gris.

A obra foi financiada na súa totalidade con cargo a unha subvención do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. O prazo de garantía das obras é de 12 meses.