Conclúen as obras de ampliación e mellora do parque infantil da Praza das Regas

Pontevedra
22 de outubro 2021

A concellería de Desenvolvemento Sostible investiu 15.000 euros nesta reforma coa renovación dos elementos de xogo e materiais do parque, ademais de ampliar a zona para adaptarse ás normativas autonómicas e europeas en materia de seguridade

Parque infantil ampliado e renovado na zona de Valdecorvos Concello de Pontevedra

As obras de mellora integral do parque infantil que se atopa na Praza das Regas no barrio de Valdecorvos finalizaban estes días, despois de que a concellería de Desenvolvemento  Sostible e Medio Natural investise 15.000 euros na mellora desta infraestrutura de lecer infantil.

Os traballos serviron para ampliar a zona de xogo para adaptarse ás normativas autonómica e europea en materia de seguridade co obxectivo de lograr a certificación da Entidade Nacional de Acreditación (ENAC).

Tamén se renovaron todos os elementos de xogo e as randeeiras, instalouse un novo pavimento con base que amortece os golpes e céspede  artifical, que axuda a diminuír os danos ante unha posible caída dun menor.

Ademais o departamento que dirixe Iván Puentes renovou o valo de peche do parque e está prevista a plantación de árbores en toda a zona para achegar sombra a este recinto.

O concelleiro sinalou que, como no resto de parques infantís, adoptáronse os criterios establecidos pola firma especializad  STO (Soluciones Técnicas de Ocio), contratada polo Concello para  auditar as condicións de seguridade que ofrecen as áreas de xogo no municipio.