Consumo estrea as súas novas oficinas en Pontevedra

Pontevedra
04 de xullo 2019

O primeiro andar do edificio administrativo da Xunta en Pontevedra é o novo espazo no que se sitúan as oficinas do Instituto Galego do Consumo e da Competencia na cidade. Para adecuar esta nova sede, que substitúe á que este organismo ocupaba nas Palmeiras, investíronse preto de 47.000 euros

Visita de Sol Vázquez ás novas oficinas de Consumo en Pontevedra Xunta de Galicia

O primeiro andar do edificio administrativo da Xunta en Pontevedra é o novo espazo no que se sitúan as oficinas do Instituto Galego do Consumo e da Competencia na cidade.

Para adecuar esta nova sede, que substitúe á que este organismo ocupaba nas Palmeiras, a Consellería de Economía, Emprego e Industria investiu preto de 47.000 euros.

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, visitou este xoves as oficinas e destacou a mellora da accesibilidade das novas instalacións, resaltando o labor que desenvolven cada día os traballadores para dar un servizo de proximidade e de calidade aos usuarios.

Ao longo de 2018, o Instituto Galego de Consumo e da Competencia atendeu na cidade de Pontevedra preto de 3670 consultas e tramitou 2159 reclamacións.

Vázquez puxo en valor este traballo para defender aos consumidores galegos e para promover entre as xeracións máis novas unha cultura neste eido, destacando que a información e a concienciación son necesarios para poder contar cunha xeración de consumidores "responsables e informados". 

O traballo na defensa do consumidor do Instituto Galego do Consumo e da Competencia céntrase no control do mercado, a información e o asesoramento ou na resolución dos conflitos.