Raúl Álvarez é un pesado. Este é o mellor xeito de explicar como este xornalista logroñés, afincado en Pontevedra dende hay décadas, foi capaz de involucrar a máis de duascentas persoas nunha marcha nocturna ininterrompida de 63 quilómetros.
Esta iniciativa, bautizada como a Pontevedrada, naceu hai agora dous anos. Na primeira edición Raúl só foi capaz de sumar a un participante máis, a Miguel Martínez. Calquera outra persoa teríase desanimado, pero Raúl está feito doutra pasta.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recibiu este mércores a Raúl e a Miguel, os organizadores da Pontevedrada que é ademais dun reto deportivo, un proxecto solidario que pretende concienciar á poboación da importancia da donación altruísta de sangue, órganos e tecidos.
A Pontevedrada partirá o próximo 27 de abril, ás 20.00 horas da praza da Ferrería da Cidade do Lérez, e percorrerá 63 quilómetros ata alcanzar a praza do Obradoiro de Santiago de Compostela polo Camiño de Santiago portugués.
Ademais dos douscentos marchosos procedentes de toda Galicia, ao proxecto de Raúl e Miguel sumáronse multitude de empresas que prestarán colaboración ademais do Centro de Transfusión de Galicia, a Oficina de Coordinación de Transplantes ou a Fundación Josep Carreiras contra a leucemia.
No seu encontro deste mércores co alcalde invitáronlle a participar recordándolle que non é obligatorio completar a marcha, aínda que se conta con apoio loxístico dunha ambulancia de Ambunova e varios vehículos de apoio. Por certo que a inscripción é gratuita.