Denuncian a aparición de catro aves de curral mortas no Gafos

Pontevedra
22 de novembro 2020

Integrantes da asociación ecoloxista Vaipolorío atoparon estes exemplares durante este domingo e alertaron a axentes da Policía Local de Pontevedra

Aves de curral mortas aparecidas no río Gafos
Aves de curral mortas aparecidas no río Gafos / Vaipolorío

Integrantes da asociación ecoloxista Vaipolorío atoparon durante este domingo catro aves de curral mortas en diferentes puntos do carreiro do río Tomeza- Gafos, espazo natural de Interese Local ENIL.

Inmediatamente, os representantes deste colectivo puxéronse en contacto coa Policía Local de Pontevedra para denunciar esta situación e que se investiguen as causas da morte destes animais.

Neste mesmo mes de novembro, Vaipolorío, que realiza periodicamente limpeza do río e da súa contorna, tamén alertou dunha nova vertedura no leito do río. Ata o lugar desprazábase persoal da Policía Autonómica e Augas de Galicia.