Desactivan un artefacto explosivo que apareceu nunha praia de Sanxenxo

Sanxenxo
17 de maio 2023

Un equipo especializado da Garda Civil desactivou un artefacto explosivo oxidado que apareceu en Sanxenxo. A granada, que estaba nunha zona rochosa, atopábase incrustada nunha área de difícil acceso, nas inmediacións de Punta Faxilda

Artefacto explosivo atopado nunha praia de Sanxenxo
Artefacto explosivo atopado nunha praia de Sanxenxo

Un equipo especializado da Garda Civil desactivou un artefacto explosivo oxidado que apareceu en Sanxenxo. A granada, que estaba nunha zona rochosa, atopábase incrustada nunha área de difícil acceso, nas inmediacións de Punta Faxilda. 

Un particular foi o que atopou o artefacto e alertou ao 112 Galicia. Foi ás cinco da tarde de onte martes, segundo informan desde o centro de atención a emerxencias.

Esta persoa, que estaba nunha praia de Noalla, explicou que estaba a ver o que pensaba que era un artefacto explosivo oxidado, que evidenciaba o paso do tempo. 

Para garantir a retirada do dispositivo en condicións de seguridade, acudiron á zona axentes da Garda Civil e da Policía Local de Sanxenxo.

Ademais, foi informada a Unidade de Policía Adscrita de Galicia. 

Os especialistas da Garda Civil que se encargaron das tarefas de retirada do explosivo víronse obrigados a acceder por mar ata o lugar onde se atopaba a granada, que foi finalmente desactivada con éxito.