Detectan en Vilaboa un transporte irregular de 555 quilos de ameixa procedente de Portugal con destino a Sanxenxo

Vilaboa
02 de maio 2023

Os axentes observaron os asentos traseiros tapados cunha lona de cor escura e pediron ao condutor que abrise o portón traseiro. Baixo a lona leva un total de trinta e dous sacos de ameixa. O condutor non levaba ningunha documentación que amparase o seu transporte, ademais de non resultar un vehículo acondicionado para iso

Ameixa sen documentación detectada en Vilaboa
Ameixa sen documentación detectada en Vilaboa / Guardia Civil de Pontevedra

A Garda Civil interceptou en Vilaboa a un condutor portugués que transportaba de forma irregular 555 quilos de ameixa procedente de Portugal con destino a Sanxenxo. 

Ocorreu a pasada semana, o xoves 27 de abril, cando unha patrulla do destacamento de Tráfico da Garda Civil de Vilaboa realizaba un control de transportes en Vilaboa e deu o alto a un turismo con matrícula portuguesa.

Os axentes observaron os asentos traseiros tapados cunha lona de cor escura e pediron ao condutor que abrise o portón traseiro. Baixo a lona leva un total de trinta e dous sacos de ameixa, cun peso total de 555 quilos. (300 de xapónica e 255 de babosa).

O condutor non levaba ningunha documentación que amparase o seu transporte, ademais de non resultar un vehículo acondicionado para iso.

O home, veciño de Portugal, relatou aos axentes que as ameixas procedían da localidade portuguesa de Aveiro e tiña como destino Sanxenxo.

O feito púxose en coñecemento do Servizo de Inspección Pesqueira da Xunta de Galicia, que se fixo cargo das ameixas para a súa destrución.

Ao condutor levantáronlle acta de denuncia por carecer de guía de transporte, así como por non realizar o transporte nun vehículo adecuado. 

Así mesmo formúlanselle dúas denuncias administrativas por senllas infraccións ao Regulamento de Transportes, unha por exceso de peso, o que supón unha sanción de 301 euros e a outra por realizar un transporte de mercadorías perecedoiras en vehículo non adecuado e sen ningún tipo de documentación, o que supón unha sanción de 401 euros.

O vehículo quedou inmobilizado ata o pago efectivo das sancións, que teñen unha posible redución do 30%.