Detectan unha vertedura de terra no leito do río Gafos

Pontevedra
12 de xuño 2020

Unha mancha de terra procedente das obras da estación de autobuses filtrouse ata o río e tinguiu as augas de cor marrón

Vertedura de terra no río Gafos procedente das obras da estación de autobuses
Vertedura de terra no río Gafos procedente das obras da estación de autobuses / Concello de Pontevedra

O curso de río Gafos, ao seu paso polo centro de Pontevedra, volveu rexistrar este venres unha nova vertedura. Unha mancha marrón tinguía boa parte do leito fluvial e motivou a alerta de moitos peóns que camiñaban pola marxe do río.

A alerta chegou ao Concello que despois de realizar as pertinentes comprobacións puido constatar que se trataba dunha mancha de terra procedente das obras da estación de autobuses. Como consecuencia da choiva caída nas últimas horas, a terra diluíuse na auga e chegou ao río a través dos colectores de pluviais.

Foi a propia empresa encargada do servizo de saneamento e abastecemento, Viaqua, a que detectou a orixe da vertedura.