Dous homes de 62 e 33 anos foron detidos pola Garda Civil en Vilanova de Arousa tras disparar até en tres ocasiones contra unha terceira persoa coa que se cruzaron en coche.
Os dous detidos, ambos veciños de Vilagarcía de Arousa e con antecedentes policiais, están investigados por un delito de tentativa de homicidio e por un delito de danos.
A investigación policial comezou tras a denuncia presentada pola vítima, que explicou que cando ía conducindo o vehículo dun amigo por Vilanova, atopouse de fronte con outro no que ían os investigados.
Estes, sen mediar palabra, abriron fogo impactando até en tres ocasiones no lateral esquerdo do vehículo, nas proximidades do habitáculo do condutor.
Os proxectís quedaron aloxados no interior do vehículo da vítima e dous deles chegaron a atravesar a carrozaría sen ferir o condutor.
Tras os disparos, o outro coche deuse á fuga e abandonou o lugar.
Os axentes da Garda Civil, unha vez analizados os indicios relacionados cos disparos, lograron identificar o vehículo utilizado e aos dous autores dos feitos.
O xuíz da praza número 2 do Tribunal de Instancia e Instrución de Vilagarcía, ante o que os arrestados prestaron declaración, decretou a súa posta en liberdade, aínda que lles impuxo unha orde de afastamento sobre a vítima.