Detidos dous mozos na Praza de Barcelos por venda de estupefacientes

Pontevedra
07 de maio 2025
Actualizado: 17:30

Existían denuncias previas que advertían dun suposto punto de venda de drogas na praza

Viais perimetrais da Praza de Barcelos
Viais perimetrais da Praza de Barcelos / Mónica Patxot

A Policía Local de Pontevedra informou da detención de dous mozos pola presunta venda de estupefacientes na praza de Barcelos.

A intervención tivo lugar a pasada semana durante un dispositivo de vixilancia na zona.

Existían denuncias previas que advertían dun suposto punto de venda de drogas na praza.

A intervención realizouse sobre as cinco e media da tarde cando os axentes observaron como dous mozos realizaban un intercambio cun home duns 50 anos, que despois de recoller unha substancia lles entregou un billete.

O comprador foi interceptado polos axentes que lle requisaron a substancia vexetal e tramitaron a correspondente acta de proposta de sanción por tenencia ilícita de estupefacientes.

Finalmente identificaron e detiveron a dous mozos que estaban na praza de Barcelos implicados na presunta venta de droga, non sen antes informarlles da súa condición de detidos polos feitos que se lles investigan e dos dereitos que lles asisten segundo a lexislación vixente.

Ademais, propuxeron para sanción a unha moza alí presente por portar un plástico cunha substancia estupefaciente.