A Policía Local de Pontevedra informou da detención de dous mozos pola presunta venda de estupefacientes na praza de Barcelos.
A intervención tivo lugar a pasada semana durante un dispositivo de vixilancia na zona.
Existían denuncias previas que advertían dun suposto punto de venda de drogas na praza.
A intervención realizouse sobre as cinco e media da tarde cando os axentes observaron como dous mozos realizaban un intercambio cun home duns 50 anos, que despois de recoller unha substancia lles entregou un billete.
O comprador foi interceptado polos axentes que lle requisaron a substancia vexetal e tramitaron a correspondente acta de proposta de sanción por tenencia ilícita de estupefacientes.
Finalmente identificaron e detiveron a dous mozos que estaban na praza de Barcelos implicados na presunta venta de droga, non sen antes informarlles da súa condición de detidos polos feitos que se lles investigan e dos dereitos que lles asisten segundo a lexislación vixente.
Ademais, propuxeron para sanción a unha moza alí presente por portar un plástico cunha substancia estupefaciente.