Devolven ao mar 1.200 quilos de berberechos ilegais

O Salnés
10 de xaneiro 2013

A Gardia Civil intercepta en Vilagarcía unha furgoneta que transportaba máis de unha tonelada de berberecho ao carecer da correspondente "Guía de Circulación" para o seu transporte e ser parte deles de talla inferior á reglamentada.

Berberechos incautados pola Garda Civil
Berberechos incautados pola Garda Civil / Guardia Civil

Dentro do marco das actuacións que a Garda Civil vén realizando para a erradicación do furtivismo de produtos pesqueiros así como do seu transporte ilegal nesta provincia, na tarde de onte, incautáronse 1200 quilogramos de berberecho ao carecer da correspondente "Guía de Circulación" para o seu transporte e ser parte deles de talla inferior á regulamentada.

Os feitos sucederon cando compoñentes do Posto da Garda Civil de Vilagarcía detectaron circulando pola estrada que circunvala dita poboación, dirección Carril, o vehículo isotermo, marca Iveco, modelo Daily, o cal ademais de carecer de todo tipo de rotulación deste tipo de vehículos, presentaba unha aparente carga excesiva debido ao estado da suspensión.

Os axentes procederon ao seu control comprobándose que no seu interior transportaba berberechos carecendo da preceptiva documentación que ampare dito transporte.

O vehículo foi trasladado ás dependencias oficiais do referido Posto da Garda Civil, e coa colaboración do Seprona y do Servizo de Garda Costas.

Por todo iso procedeuse á instrución do acta pertinente por dita infracción e ao decomiso do vehículo e a mercancía que foi devolta ao mar polo Servizo de Gardacostas.