Dous axentes da Policía Nacional de Pontevedra salvaron a vida a un home tras realizarlle a reanimación cardiopulmonar (RCP) durante 15 minutos.
Ocorreu a semana pasada. Unha chamada ao 091 alertou á Policía Nacional de que había unha persoa inconsciente nas oficinas dunha coñecida empresa na cidade.
Os axentes trasladáronse ao lugar e, á súa chegada, atoparon a un home inconsciente sangrando pola cabeza ao golpearse tras caerse da cadeira mentres estaba a traballar.
Os policías procederon inmediatamente a comprobar o pulso e a respiración e solicitaron a presenza de profesionais sanitarios.
Mentres esperaban, iniciaron inmediatamente as manobras RCP. Os axentes de dous vehículos Zeta alternáronse para realizar a reanimación durante aproximadamente 15 minutos.
Actuaron até a chegada da ambulancia medicalizada e logo asumiron a tarefa os sanitarios.
O home foi estabilizado e trasladado ao Hospital Montecelo.