Durante dous días manterase pechado un carril en Eduardo Pondal

Pontevedra
14 de maio 2013

Durante este martes 14 e mércores 15 a rúa Eduardo Pondal quedou pechada ao tráfico nun dos seus carrís debido ás obras que se acometen na Ponte da Peregrina

No tramo entre Alcalde Hevia e Uxío Novoneira, esta mañá do martes 14 quedou pechado ao tráfico un dos carrís de circulaciónna rúa Eduardo Pondal. O corte manterase tamén durante a xornada deste mércores 15.

A Policía Local desvía a circulación que percorre esta zona a través de Alcalde Hevia e Manuel Leiras Pulpeiro.

Os horarios de traballo será de 9:30 da mañá a 13:30 do mediodía e de 15 horas a oito da tarde. Fose desas horas, poderase circular polo carril.

As obras sorprenderon algúns condutores e mesmo @perezfernric fotografou unha escena curiosa e criticou que un operario estivera sen medidas de seguridade traballando na reparación da ponte subido a un andamio ao mesmo tempo que continuaban a pasar coches pola zona. A foto foi publicada en Twitter.