En marcha o asfaltado de varias rúas do barrio de Monte Porreiro

Pontevedra
27 de maio 2024

A Policía Local pon en marcha plans de tráfico específicos

Plan de tráfico na rúa Alemaña
Plan de tráfico na rúa Alemaña / Concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra continúa adiante coa primeira fase de asfaltados das rúas da cidade, logo do paso do inverno. 

Este luns continúa coa avenida de Bos Aires e o barrio de Monte Porreiro, tras rematar as pavimentacións en Blanco Porto, Leiras Pulpeiro, avenida de Vigo, Sagasta, Benito Corbal e José Millán.

Na mañá deste luns pavimentouse a avenida de Bos Aires, entre a ponte de Santiago e a ponte dos Tirantes; e a rúa Eirín de Monte Porreiro que se asfalta completamente logo da recente instalación do saneamento e acondicionamento dunha parcela pública como estacionamento en superficie.

Pola tarde está previsto o fresado dalgúns treitos da rúa Alemaña. O asfaltado está planificado para o martes, 28 de maio, entre as 8 e as 15 horas.

Os traballos en Monte Porreiro continúan o martes, 28 de maio, na rúa Reino Unido co fresado de parte da rúa. O asfaltado está previsto para o mércores, 29 entre as 8 e as 14 horas.

O Concello recorda que a repavimentación consistirá no fresado e asfaltado ben de rúas completas ben de panos de rúas que se atopan en mal estado.

Ao igual que no centro do casco urbano, no barrio de Monte Porreiro a Policía Local tamén ten en marcha plans de tráfico específicos en cada caso.