ENCE comeza a parada técnica anual, á que destinará máis de 15 millóns de euros

Pontevedra
25 de marzo 2019

Durante a parada traballarase na nova depuradora que supoñerá un importante aforro de auga

Parada técnica en ENCE
Parada técnica en ENCE / Diego Espiño

Este luns comeza a parada técnica anual da fábrica de Ence en Lourizán, á que a compañía destinará investimentos por importe de 15,5 millóns de euros para incorporar novas tecnoloxías. 

Dende a dirección da compañía pasteira informaron que entre os proxectos previstos hai que destacar aqueles que están focalizados nas melloras ambientais e "reforzar a fiabilidade da biofábrica", cuxa suma ascende a 7,5 millóns de euros.

Durante a parada traballarase na nova depuradora que supoñerá un importante aforro de auga. Nesta infraestrutura realizaranse investimentos por importe de 2,5 millóns de euros, dos 11 millóns que están previstos acometer en 2019.

Esta nova depuradora permitirá a reutilización de 400 metros cúbicos por hora de auga e minimizar o consumo. Así, este proxecto tecnolóxico, que inclúe solucións como as que se empregan para a potabilización da auga do mar, permitirá cando estea concluído en 2021 reducir ata nun 90% o volume de efluente á ría de Pontevedra e tomar do río Lérez tan só o 10% do caudal de auga consumido na actualidade.

Nesta parada Ence instalará unha nova turbina de condensación que supoñerá un aumento de eficiencia enerxética das instalacións da biofábrica.

Ence Pontevedra verá aumentada en 1.500 o número de traballadores durante a parada técnica, a maior parte delas de Galicia.